Días de loito para o xornalismo español pola morte de Quim Regàs martes, 6 de marzo de 2007 O xornalista Quim Regàs faleceu á idade de 56 anos . Vaisenos un exemplo de profesional a nivel nacional e internacional, que revolucionou o deseño dos medios impresos.
A FeSP e o SXG condenan o pinchazo do teléfono dun xornalista vasco martes, 6 de marzo de 2007 A Consellería de Interior do goberno vasco, coa sorprendente autorización dunha xuíz, investigou as chamadas telefónicas que recibira durante once días un xornalista do diario El Correo para pescudar que axente da Policía Autónoma facilitoulle unha información.
Morreu Josep Mª Huertas Clavería, degà do Col.legi de Periodistes de Catalunya luns, 5 de marzo de 2007 O degà do Col.legi de Periodistes de Catalunya, Josep Mª Huertas Clavería, morreu no Hospital Clínico de Barcelona, ás dúas na madrugada de do día 4 de marzo. O xornalista ingresou o venres por un derrame cerebral que non conseguiu superar, según informou o complexo sanitario.
A promoción de espazos para menores do PP e a xestión transparente do PSOE, propostas electorais dos partidos para a televisión luns, 5 de marzo de 2007 A proposta do PP en materia de medios de comunicación para as próximas eleccións municipais inclúe a "protección de espazos e horarios reservados" para menores nos medios de comunicación, mentres o PSOE recolle no seu Programa Marco Municipal a "xestión transparente e participativa dos medios locais de comunicación, nos que estarán representados todos os grupos políticos".
A Corporación Voz de Galicia vende «Diario de León» ó Grupo Begar luns, 5 de marzo de 2007 Santiago Rey Fernández-Latorre, presidente de La Voz de Galicia, e José Luis Ulibarri, presidente do Grupo Begar, firmaron o acordo esta mañá en León. O cambio de socio maioritario contempla manter o actual cadro.
O funeral por Huertas Claveria reúne a personalidades do mundo da política e do xornalismo luns, 5 de marzo de 2007 Un milleiro de persoas asistiu este mediodía ó funeral polo xornalista Josep Maria Huertas Claveria, falecido a madrugada do domingo, na parroquia de Santa Maria do Taulat que se quedou pequena nun acto que congregou á profesión xornalística, ó mundo político e á sociedade civil.
LambdaStream lanza dous teles por Internet unha sobre A Coruña e outra do Dépor luns, 5 de marzo de 2007 A empresa galega LambdaStream lanza dúas canles de TV por Internet. A compañía está en conversacións con investidores privados e fondos de capital de risco. A empresa, apoiada pola Universidade da Coruña e a Xunta de Galica vía axudas do Proxecto Galego I+D+i, está en conversacións con varios investidores privados e fondos de capital de risco para dar entrada a novos socios nun proceso que concluirá en maio ou xuño e que reforzará os seus proxectos de expansión internacional.
O CIP celebra a próxima semana actividades sobre a muller nos medios de comunicación e o seu papel na publicidade luns, 5 de marzo de 2007 O Club Internacional da Prensa (CIP) organizará a semana próxima sendas mesas redondas nas que se analizará a situación da muller nos medios de comunicación, así como o seu papel na publicidade actual.
Voluntarios completan a tradución do Firefox 2.0 ao galego en tres meses luns, 5 de marzo de 2007 Tres meses despois do seu lanzamento internacional, a versión 2.0 do navegador Firefox xa está dispoñíbel en galego.O máis relevante é que foi o esforzo de voluntarios, baixo o paraugas de Mancomun.org, o que permitiu a rápida tradución desta ferramenta, cada día máis popular entre os internautas. Na actualidade, en torno a un terzo dos usuarios empregan a principal alternativa libre ao Microsoft Explorer.
Paro de dúas horas en Telemadrid domingo, 4 de marzo de 2007 Os traballadores de Telemadrid celebraron un paro de dúas horas entre a unha e as tres do mediodía. Segundo fontes de CCOO, o obxectivo da protesta foi pedir a readmisión dun traballador despedido e a retirada a outros dous compañeiros expedientados como consecuencia dos altercados rexistrados na folga do pasado 5 de decembro.