A TVG recupera o fútbol para as dúas vindeiras temporadas
O Director Xeral da Compañía Radio Televisión de Galicia, Benigno Sánchez, e o Conselleiro Delegado de laSexta, José Miguel Contreras, asinaron onte en Madrid, despois dunha intensa negociación, un acordo que lle permitirá á Televisión de Galicia volver emitir os partidos dos sábados; en galego e para todo o territorio dá Comunidade Autónoma.