O anteproxecto de Lei para RTVE tampouco gusta aos seus traballadores
O sindicato Alternativa RTVE convocou este mércores unha concentración ás portas de Prado del Rey e de todos os centros de traballo do ente público. Protestan así contra o anteproxecto de Lei que o Goberno presentará ao Parlamento proximamente e que pretende eliminar a publicidade da televisión pública.