María Ángeles Rodríguez e Carlos G. Hervella recollerán o vindeiro mércores 14 o Premio Somos Esenciais
María Ángeles Rodríguez e Carlos G. Hervella, gañadores do sexto Premio de Xornalismo Somos Esenciais, certame organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en colaboración con Gadis, recollerán o galardón o vindeiro mércores 14 de outubro. O colectivo formado por Alba Moledo, Brais Lorenzo, Cláudia Morán, Sol Mendiguchía e Sergio Pascual, tamén estará representado como finalistas no acto que terá lugar ás 11.00 horas na sede do Colexio de Xornalistas en Santiago.