A promoción de espazos para menores do PP e a xestión transparente do PSOE, propostas electorais dos partidos para a televisión

A proposta do PP en materia de medios de comunicación para as próximas eleccións municipais inclúe a "protección de espazos e horarios reservados" para menores nos medios de comunicación, mentres o PSOE recolle no seu Programa Marco Municipal a "xestión transparente e participativa dos medios locais de comunicación, nos que estarán representados todos os grupos políticos".
Con motivo das próximas eleccións municipais, que xa se encontran próximas, os dous grandes partidos políticos decidiron facer públicas as súas propostas para os medios de comunicación, que porán en funcionamento en caso de resultar vencedores nas votacións.

En concreto, o PP formula "favorecer o desenvolvemento de contidos educativos, adecuados para nenos e mozos", e prometen no seu programa "velar pola protección dos espazos e horarios reservados nos medios de comunicación" para os menores. Así mesmo, anuncian que "rexeitarán a creación de organismos que teñan por obxecto o control da información ou das opinións difundidas a través dos medios de comunicación públicos", en alusión ós consellos audiovisuais autonómicos.

No seu programa tamén inclúen a "defensa da liberdade de expresión e o pluralismo" dos medios de comunicación, ofrecendo ós cidadáns "a maior oferta de servizos e contidos que permitan as novas tecnoloxías". En materia de medios anuncian que "combaterán calquera intento de censura que impida ou limite o dereito a difundir información libremente", e que "velarán pola protección da honra, a intimidade ou a propia imaxe, especialmente pola protección da mocidade e da infancia".

Menores e medios

Pola súa parte, o PSOE tamén se refire á protección da infancia, en concreto, "dos dereitos, necesidades e intereses" dos menores nos medios de comunicación e as novas tecnoloxías, que consideran "imprescindible". Así mesmo, establecen a "xestión transparente e participativa dos medios locais de comunicación", nos que estarán representados "todos os grupos políticos".

En canto ós medios de comunicación social, anuncian a creación de programas específicos de prevención contra a violencia de xénero" nos que se contemplará a promoción de campañas deconcienciación e sensibilización municipais contra a violencia de xénero, campañas que involucren a todos os sectores da sociedade e moi especialmente ós homes, como elemento de cambio activo fronte ós homes violentos". Os medios de comunicación, segundo o PSOE, asumirán a tarefa de "pór en cuestión os estereotipos culturais que lexitiman as condutas violentas contra as mulleres".

MADRID
ESTRELLA DIGITAL/ EFE