LambdaStream lanza dous teles por Internet unha sobre A Coruña e outra do Dépor

A empresa galega LambdaStream lanza dúas canles de TV por Internet. A compañía está en conversacións con investidores privados e fondos de capital de risco. A empresa, apoiada pola Universidade da Coruña e a Xunta de Galica vía axudas do Proxecto Galego I+D+i, está en conversacións con varios investidores privados e fondos de capital de risco para dar entrada a novos socios nun proceso que concluirá en maio ou xuño e que reforzará os seus proxectos de expansión internacional.
LambdaStream, a compañía de TV Persoal Interactiva, lanzou www.canaldeportivo.tv,do equipo de fútbol Deportivo da Coruña, e www.coruna.tv,do Concello da Coruña. Ó longo deste ano, a empresa tecnolóxica espera lanzar máis servizos de TV en España e no resto de Europa, en alianza estratéxica con provedores de contido LambdaStream, provedor líder de tecnoloxía multimedia e TV interactiva, lanzouse, de forma masiva, a polo mercado da TV por Internet. A compañía española aspira a converterse en provedor líder dos portais de TV por Internet, tanto a nivel nacional como internacional.

A compañía mantén negociacións con distintos provedores (nacionais e internacionais) de contido para lanzar nos próximos meses máis canles de televisión por Internet. De momento, LambdaStream xa puxo en marcha dous servizos: www.canaldeportivo.tve www.coruna.tv.

A primeira é a canle do Deportivo da Coruña. En menos dun mes, a canle tivo 40.000 visitas, cun tempo medio de visionado de 10 minutos (estímase que o tempo medio fronte a unha canle de TV por Internet está entre 5 e 15 minutos).

Pola súa parte, www.coruna.tvé a canle do Concello da Coruña, con información sobre a cidade, noticias, eventos e servizos públicos.

¿CANTO CUSTA LANZAR UNHA CANLE DE TV POR INTERNET.- A inversión inicial para lanzar unha canle de TV por Internet vai de 60.000 euros por un servizo básico ata medio millón de euros por unha canle de televisión máis completo. Ademais, hai moitas sinerxias coa TV móbil, o que asegura un bo retorno da inversión.

"Todo o mundo quere ter a súa propia canle de TV por Internet. É un fenómeno crecente que vai contribuír a democratizar a televisión e a cambiar a relación entre o emisor e o receptor. Todo aquel que todo aquel que dispoña de contidos audiovisuais poderá ter a súa propia canle de televisión", explica Xesús Fernández, Director Comercial de LambdaStream.

O desembarco de LambdaStream na TV por Internet tamén se producirá a nivel internacional, sobre todo en Europa e Oriente Próximo. Para reforzar os seus proxectos de expansión, LambdaStream está en conversacións con varios investidores privados e fondos de capital risco para dar entrada na compañía a novos socios nun proceso que, previsiblemente, concluirá en maio ou xuño. Ademais, a compañía proxecta abrir varias oficinas internacionais.

LAMBDASTREAM, UNHA EMPRESA CON SEDE NA CORUÑA.- Lambdastream, a compañía de TV Persoal Interactiva, é un provedor líder de tecnoloxía para TV móbil, TV por Intenet, TV sobre IP e cable, Broadcast TV e Carteleira TV (Billboard TV). Con sede na Coruña e oficina comercial en Madrid, a compañía comezou a operar no 2003 como "spin-off" do grupo MADS da Universidade da Coruña. É unha empresa líder en Vídeo Baixo Demanda (VoD) grazas á súa nova familia de produtos VoDKA. Ademais, ofrece produtos complementarios como BMX para contido programado; e Antares, para xestionar e xerar Guías de Servizo Electrónico.

Lambdastream converteuse nunha referencia internacional en TV móbil e TV por Internet, fornecendo a tecnoloxía para a segunda rede comercial de TV móbil (Rusia) no mundo e lanzando dous vanguardistas canles de TV por Internet, www.canaldeportivo.tve www.coruna.tv,con proxectos de engadir máis servizos en breve. Lambdastream tamén provee solucións Billboard TV para o lanzamento de canles corporativas ou institucionais grazas ó seu "middleware" Pulsar.

A CORUÑA
XORNAL