Google minimiza as críticas sobre dereitos de autor e di que as demandas son parte do negocio
O motor de busca en internet, Google, volveu a resolver o asunto das críticas recibidas polo seu repetido incumprimento de dereitos de autor. Fixoo a través das palabras do seu conselleiro delegado, Eric Schmidt, quen puxo fin á polémica coa multinacional Microsoft alegando que ese tipo de comentarios "forman parte do contexto de negociacións".