Xornalistas galegos solidarízanse en Santiago cos compañeiros de profesión en Palestina

No cadro da campaña mundial Israel: Stop Killing journalists in Gaza posta en marcha pola Federación Internacional de Xornalistas para denunciar os máis de cen xornalistas e traballadores de prensa palestinos asasinados en Gaza, a a Asociación da Prensa de Santiago de Compostela, co apoio do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, realizou este xoves unha concentraciónno Centro Internacional de Prensa de Galicia.

Un grupo de comunicadoras e comunicadores asistieron á concentración para denunciar a situación dos sus homólogos en Gaza. O presidente da APSC, Luís Menéndez, deu lectura ao comunicado da Secretaría Xeral da Federación Internacional de Xornalistas  en Bruxelas, desde onde se coordinan as axudas aos xornalistas palestinos. No texto denúnciase a situación de impunidade ante o asasinato de xornalistas en Gaza, á que se suma a incomunicación ao ser un territorio pechado aos medios internacionais.

O acto serviu tamén para anunicar a convocatoria da Federación Internacional de Xornalistas, para o vindeiro luns 26 de febreiro, dunha nova xornada en denuncia da situación das e dos xornalistas palestinos.

CPXG