Tribune Co. recibe as primeiras ofertas

O maior accionista do grupo estadounidense Tribune Co. presentou unha oferta para mercar a empresa e escindir algúns dos seus negocios de radio, televisión e entretemento, nunha proposta que fixa o prezo da compañía en 7.600 millóns de dólares.
Os Chandler fixeron unha proposta de 31,70 dólares por acción de Tribune, o que implica un beneficio de 4,5% fronte ó prezo de peche do mércores, de 30,34 dólres.

Tribune, editora entre outros medios de 'Los Ángeles Times' e 'Chicago Tribune', deu a coñecer a oferta recibida a través dun documento que remitiu á Comisión de Valoresde Estados Unidos o lmiércois pola noite.

A oferta compárase con outra de 34 dólares por acción realizada o mércores polos multimillonarios Ronald Burkle e Eli Broad, segundo unha fonte relacionada coa operación.

"A escisión de Tribune Broadcasting como unha compañía separada agregaría un valor substancial ós accionistas do Tribune, á parte do Chandler Trusts, e é un compoñente importante da nosa proposta xeral", sinala unha carta firmada por William Stinehart Jr., cofideicomisario do fondo Chandler Trusts e membro do directorio de Tribune.

A proposta dos Chandler engadiría ós accionistas 19,30 dólares en efectivo e repartiría todas as accións en circulación da nova sinatura que contería os negocios de radio e televisión do Tribune.

A oferta de Brukle e Broad propón un dividendo de 27 dólares e accións valoradas en sete dólares por título. A parella de investidores propuxo colocar 500 millóns de dólares do seu efectivo en Tribune e controlar preto dun 30% do grupo de medios de comunicación.

Os accionistas reterían unha participación de preto do 70% no Tribune, que continuaría cotizando en bolsa, de acordo coa oferta de Burkle e Broad.

NOVA YORK
EL MUNDO / REUTERS