RSF reclama ó Congreso a protección das fontes ó cumprir Josh Wolf 171 dias no cárcere
O 6 de febreiro de 2007 Josh Wolf iniciou o seu día número 171 de detención na penitenciaría federal de Dublín (California). A estanza á sombra do blogger e xornalista independente, de 24 anos de idade, é unha das máis longas efectuadas nunca por un xornalista norteamericano, no seu propio país.
A tamén xornalista independente Vanessa Leggett pasou 168 días entre reixas, do 20 de xullo de 2001 ó 4 de xaneiro de 2002, por motivos similares.
Reporteiros Sen Fronteiras (RSF) fai de novo un chamamento ó Congreso para que se recoñeza ós xornalistas a protección do segredo das súas fontes a nivel federal, e pide a liberdade do mozo blogger.
RSF sinala que, o mesmo que Vanessa Leggett, quen se negou a facilitar as súas fontes á xustiza federal, Josh Wolf foi prendida por non entregar uns arquivos de vídeo. Estes encarceramentos, escandalosos tanto por principio como pola súa duración, poñen de manifesto a inquedante evolución da liberdade de prensa en Estados Unidos. Na actualidade hai outros xornalistas que poderían ir ó cárcere por idénticos motivos. O Congreso federal non pode permanecer máis tempo silencioso sobre a crucial cuestión do segredo profesional, recoñecido ós xornalistas en 33 Estados da Unión.
Desde RSF reiteramos o noso chamamento en favor dunha 'lei escudo' federal neste sentido, e dunha rápida liberación de Josh Wolf, cuxo traballo nin sequera concirne ó terreo da seguridade nacional, a semellanza do de Vanesa Leggett.
Josh Wolf negouse a entregar os seus arquivos ó xuíz
Josh Wolf, autor dun documental sobre unha manifestación contra o G8 en San Francisco, en 2005, negouse a entregar os seus arquivos de vídeo á xustiza federal, que llos pediu no marco da investigación dun gran xurado sobre os presuntos danos ocasionados a un vehículo policial, durante os feitos. O blogger e xornalista independente foi condenado por 'desacato ó tribunal' e prendido, por primeira vez, do 1 de agosto ó 1 de setembro de 2006. Como resultado dun procedemento de apelación, a sentenza quedou confirmada e a Josh Wolf volveron a envialo á penitenciaría federal de Dublín, preto de San Francisco, o 20 de setembro de 2006. A suma das súas dúas estanzas no cárcere eleva agora o total do seu internamento a 171 días.
O 30 de xaneiro de 2007, a xustiza federal rexeitou a última demanda de liberdade dos avogados do blogger. Xa que logo, Josh Wolf continuará prendido mentres siga negándose a someterse á orde xudicial, ata que expire o prazo da investigación dun gran xurado sobre o asunto do coche policial estragado.
Segundo a organización Reporters Committee for the Freedom of the Press (RCFP), a data de expiración desa investigación, fixada en principio para xullo de 2007, podería prolongarse ata xaneiro de 2008. Segundo a lei federal, a duración máxima da detención dunha persoa condenada polo civil, por 'desacato ó tribunal', non pode exceder de dezaoito meses.
Vanessa Leggett negouse a que a utilizasen como testemuña
O 20 de xullo de 2001 Vanessa Leggett foi prendida por orde dun tribunal federal de Houston (Texas). A xornalista independente investigaba o asasinato, cometido en 1997, da muller dun millonario texano, e pensaba publicar un libro sobre o caso. Entre outros entrevistara ó cuñado da vítima, sospeitoso do crime antes de suicidarse, pero negouse a testemuñar ante a xustiza federal. Tras pasar 168 días no cárcere, Vanessa Leggett recuperou a liberdade o 4 de xaneiro de 2002.
O recurso ó encarceramento neste tipo de casos adquiriu proporcións alarmantes a partir dos atentados do 11 de setembro de 2001. Con frecuencia, a 'seguridade nacional' serviu de pretexto para condenar a xornalistas que invocaban o segredo profesional. Por negarse a facilitar as súas fontes nun caso relativo á divulgación da identidade dunha ex axente da CIA, na que estaba implicado o contorno da administración Bush, Judith Miller, que entón traballaba no New York Times, cumpriu tres meses e medio de cárcere, do 6 de xullo ó 29 de setembro de 2005.
A Lance Williams e Mark Fainaru-Wada, xornalistas do diario San Francisco Chronicle, que investigaron un caso de tráfico de produtos dopantes -tamén sen ningunha relación coa seguridade nacional- a xustiza federal pediulles que faciliten as súas fontes, sob pena de encarceramento. A vista da apelación está prevista para o próximo 5 de marzo.
Á parte de Josh Wolf, as autoridades norteamericanas manteñen detido sen cargos, desde o 13 de xuño de 2002, ó camarógrafo sudanés de Al Jazeera Sami Al-Haj, na base militar de Guantánamo (Cuba).
EEUU
PERIODISTAS-ES / RSF
Benoît Hervieu