Reporteiros sen fronteiras pide ás autoridades iraquís que cumpran os seus compromisos
Cando transcorreu menos dun mes desde que o Consello de Seguridade de Nacións Unidas adoptase, o 23 de decembro de 2006, a resolución 1738 sobre a protección dos xornalistas en conflitos armados, outra serie de asasinatos vén a lembrar a urxencia dun auténtico compromiso por parte do Estado iraquí. Desde marzo de 2003 mataron no país a 146 xornalistas e colaboradores de medios de comunicación.
"Cantos mortos máis teremos que contabilizar para que as autoridades iraquís decidan pór termo á impunidade? Entre as vítimas da violencia cotiá que asola o país, na maioría dos casos atácase deliberadamente ós xornalistas, por causa da súa profesión. Hai que encontrar ós autores destes crimes e facer xustiza, porque en caso contrario os asasinatos van continuar", declarou Reporteiros sen Fronteiras.
Asasinados seis empregados de medios de comunicación en menos dunha semana
Entre o 12 e 16 de xaneiro de 2007 mataron, en condicións particularmente espantosas, a catro empregados do diario gobernamental Al Sabah. Dous deles, cuxos nomes non se revelaron, foron secuestrados o 12 de xaneiro, diante dos locais do periódico, en Bagdade. Os seus corpos, degolados, apareceron ó día seguinte preto do hospital Al Nouman. Dous días máis tarde, a explosión dunha bomba en Bagdade matou a Yassine Aid Assef, correspondente do periódico na localidade de Al Anbar (Oeste), cando realizaba unha reportaxe. O 16 de xaneiro apareceu o corpo dun garda no tellado do edificio do periódico. Segundo a dirección de Al Sabah, que non quixo facilitar o seu nome, teríano matado a distancia cun fusil de caza, mentres patrullaba por encima o inmoble.
Noutro caso, o 12 de xaneiro de 2007 uns homes armados abriron lume sobre o xornalista freelance Khoudr Youns al-Obaidi, matándolle no acto.
Finalmente, Reporteiros sen Fronteiras soubo que o 15 de xaneiro de 2007 uns descoñecidos mataron a disparos a Falah Khalaf Al Diyali, xornalista do diario Al Saha, na cidade de Ramadi (a 110 km. ó oeste de Bagdade).
Outro secuestro
Por outra parte, remátase de sumar outro nome á lista de profesionais dos medios de comunicación secuestrados en Iraq, e dos que aínda non se teñen noticias. Akil Adnane Majid, contable do diario Al Sabah, foi secuestrado o 9 de xaneiro de 2007, diante dos locais do periódico en Bagdade. A data de hoxe non se estableceu ningún contacto cos secuestradores. En total, actualmente hai en Iraq seis xornalistas e colaboradores de medios de comunicación retidos como reféns.
Dous xornalistas detidos
Ademais, dous xornalistas da canle norteamericana de televisión por satélite en lingua árabe Al Hurra foron detidos, durante pouco tempo, o 11 de xaneiro de 2007, cando gravaban os desprazamentos das forzas armadas kurdas e o exército norteamericano preto de Erbil, na rexión autónoma de Kurdistán, ó norte de Iraq. A xornalista Sirwa Abdelwahed asegurou que os soldados kurdos golpearon ó seu camarógrafo. Confiscáronlle a cámara. Os xornalistas tiveron que abandonar inmediatamente a zona e pór fin á reportaxe.
IRAQ
RSF