PuntoGal e a Global Cyber Alliance presentan este venres a versión galega do portal da caixa de ferramentas para xornalistas
O presidente de PuntoGal, Manuel González González e a Directora de comunicación estratéxica da Global Cyber Alliance, Marina Calvo presentan en rolda de prensa este venres, 14 de abril de 2023, a adaptación ao galego do portal da caixa de ferramentas de ciberseguridade para xornalistas. O acto terá lugar a partir das 16:30 horas na sede do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (Rúa Ponferrada, 9, baixo).
O acto contará coas intervencións de:
- Valeria Pereiras, Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
- Manuel González, Presidente de PuntoGal
- Marina Calvo, Directora de comunicación estratéxica da Global Cyber Alliance
- Edita de Lorenzo, Vicepresidenta da AETG/COETG
- Gustavo Herva, Xefe da Subárea de seguridade en Amtega
CPXG