Proclámase a única candidatura presentada á Xunta de Goberno do CPXG

Ao non ter habido reclamación algunha, queda proclamada como definitiva a única candidatura presentada para a renovación da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG).

O pasado 9  de abril pechouse o prazo establecido polo calendario electoral para presentar candidatos e candidatas ás eleccións para a Xunta de Goberno do CPXG, cunha única candidatura presentada. Non habendo reclamación algunha, e ao non teren concorrido máis candidaturas, quedaría proclamada, sen necesidade de realizar as votacións, a nova Xunta de Goberno. Dende hoxe a Xunta de Goberno actual pasará a estar en funcións ata a toma de posesión que terá lugar no mes de maio.
 
A composición da candidatura proclamada é a seguinte:
 
Decana: Belén Regueira Leal
Vicedecana 1: Sonia María Vizoso Pérez
Vicedecano 2: Marcos Sanluis López
Vicedecano 3: Francisco Xosé González Sarria
Secretario: Darío Janeiro Pereira
Tesoureira: Eliana Martíns Alvela
 
Vogais:
  • Noemí Alonso Rodríguez
  • Ángela María Casal Fernández
  • Jaime Conde Guillade
  • Ana González Liste
  • Lucía Junquera Pazos
  • Valeria Pereiras Reza
  • Xosé Manuel Pereiro Sánchez
  • Natalia Puga López
  • Manuel Rey Pan
  • Mónica Rosas Conde
 
Suplentes:
  • Belén López Rodríguez
  • Ramón Paz González
  • Matilde Vázquez Rojo
 
CPXG