O luns 17 de abril preséntase a VIII Edición da Bolsa ‘Nacho Mirás’ para xornalistas noveis

O vindeiro luns, 17 de abril, preséntase a oitava edición da Bolsa ‘Nacho Mirás’ para xornalistas noveis, organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e patrocinada por Abanca, coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. O acto terá lugar ás 11:00 horas no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC (Avda. de Castelao s/n), en Santiago de Compostela.

O acto contará coa presenza de:

  • Alba Silva Rodriguez, Vicedecana da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
  • Ramón Mariño, Director de zona de Abanca en Santiago.
  • Xaime Leiro, Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

 

Ao remate das intervencións presentarase o traballo gañador da pasada edición: Notas á marxe, por parte das súas responsábeis Belén Rodríguez Teiga e Carmen Novo Castiñeiras.

CPXG