O luns 1 de abril preséntase a IX Edición da Bolsa ‘Nacho Mirás’ para xornalistas noveis
O vindeiro luns 1 de abril vai ter lugar a presentación da novena edición da Bolsa ‘Nacho Mirás’ para xornalistas noveis, organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e patrocinada por Abanca, coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. O acto terá lugar ás 11:00 horas na Aula de Visionado 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC (Avda. de Castelao s/n), en Santiago de Compostela.
O acto contará coa presenza de:
- Alba Silva Rodríguez, vicedecana da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
- Ramón Mariño Pérez, director de zona de Abanca en Santiago.
- Xaime Leiro Darriba, Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
Ao remate das intervencións presentarase o traballo gañador da pasada edición: Quen son elas?, por parte da súa responsábel Cinthia Piñeiro Acevedo.
CPXG