O grupo El Progreso está a piques de lanzar un novo xornal electrónico

O Grupo El Progreso completará a súa oferta informativa co lanzamento dun novo xornal electrónico en Galicia. Logo de potenciar os servicios da Axencia Galega de Noticias (AGN), de lanzar o xornal de economia "Nova+" (iniciativa pola foi distinguido cun Premio Galicia de Xornalismo) (...)
(...) e por na rúa o primeiro diario gratuito en galego "LV, de luns a venres", o grupo lugués da o salto á rede e está a ultimar o lanzamento dunha web informativa que vense a sumar á oferta de xornáis electrónicos en Galicia.

Recentemente, e coincidindo coa súa estratexia de expansión e posicionamento en Galicia, o Grupo El Progreso fixo varios cambios estructuráis entre os que destacan a incorporación de Blanca de Cora García como adxunta á presidencia de El Progreso, que ostenta Blanca García Montenegro. Ademáis, Isabel González Araújo e Tito Diéguez veñen de seren nombrados novos subdirectores de El Progreso, onde ata o de agora exercían de redactores xefes. Eugenio Caeiro González incorpórase ó Grupo como director comercial de tódalas publicacións y emisoras: o diario El Progreso, o Diario de Pontevedra, a Axencia Galega de Noticias, TeleLugo, a productora LugoPress, o semanario A Comarca do EO, o gratuito LV e as emisoras de TV que próximamente porán en marcha nas provincias de Lugo e Pontevedra.

LUGO
XORNAL
C. Novo