O CPXG volve condenar o trato despectivo do alcalde de Ourense aos e ás xornalistas

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia volve rexeitar e condenar o trato despectivo que o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, ten cos e coas xornalistas.

Na comparecencia ante os medios desta mañá, o alcalde de Ourense volveu faltarlle ao respecto a unha xornalista á que despois de preguntarlle de que medio era, díxolle: “a ti non te contesto, así que non fagas preguntas, que non te contesto”

Non é a primeira vez que se produce este trato despectivo cos profesionais da comunicación, como xa ten denunciado o Colexio en repetidas ocasións, polo que desde esta institución, ínstase ao alcalde a cambiar a súa actitude cos e coas xornalistas que desenvolven o seu traballo para garantir o dereito á información da cidadanía.

Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia