O Colexio de Xornalistas asina o manifesto en defensa de catro informadores acusados de falso testemuño
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia asinou o manifesto presentado hoxe en defensa de catro xornalistas acusados de falso testemuño, logo de que un deles denunciara unha presunta agresión policial. O documento, apoiado por vinte e cinco organizacións, solicita a nulidade da condena en costas ao informador denunciante, o arquivo do novo procedemento penal que pode abrirse contra os catro xornalistas e a derogación da Lei Mordaza.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia é un dos asinantes do comunicado feito público esta mañá en defensa do xornalista Guillermo Martínez e outros tres informadores acusados de falso testemuño. Os feitos teñen a súa orixe na denuncia que Martinez realizou dun posíbel delito leve de lesións por parte dun axente antidisturbios o 7 de abril de 2021, mentras cubría para El Salto Diario un mítin de Vox en Vallecas (Madrid). Pese ao informe forense presentado, os vídeos que mostran a agresión e a declaración doutros tres xornalistas que foron testemuñas dos feitos, a xuíza non só non apreciou agresión ningunha, condenando Martínez a pagar as costas senón que pediu que se investigue aos catro informadores por presumíbel falso testemuño.
O manifesto considera esta situación "un ataque ao xornalismo" que "lanza unha mensaxe das consecuencias que pode ter denunciar xudicialmente a violencia policial" e lembra que a Comisión Europea e a Federación Europa de Xornalistas xa advertiron dun aumento da violencia dos corpos de seguridade contra os informadores en España. Por todo iso, as organizacións asinantes solicitan a estimación do recurso que no que se pide a nulidade da condena en costas, o arquivo inmediato do novo procedemento penal que pode abrirse contra os catro xornalistas e a derogación da Lei Mordaza que limita a libertad de información.
Este é o texto completo do manifesto:
- A estimación do recurso que se presentará no que se pide a nulidade da condena en costas e a posíbel apertura dun procedemento penal contra os xornalistas.
- O arquivo inmediato do novo procedemento penal que pode abrirse contra os catro xornalistas por un suposto delito de falso testemuño.
- A derogación da Lei Mordaza, normativa xurídica que limita a liberdade de información tanto á cidadanía receptora como ao xornalista na súa función de informador.
Asinantes do manifesto: Reporteiros sen Fronteiras, Federación Europea de Xornalistas (FEP), Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), Plataforma por la Libertad de Información (PLI), CNT Prensa y Comunicación, Agrupación de Periodistas de UGT (FESMC-UGT), Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP), Unió de Periodistes Valencians, Sindicato de Periodistas de Madrid (SPM), Sindicat de Periodistes de Catalunya / Sindicat de Professionals de la Comunicació (SPC), Grup de Periodistes Ramon Barnils (GPRB), Industrial Workers of the World, Freelance Journalists Union, Unitat Contra el Feixisme i el Racisme (UCFR), Irídia, Marx21.net, Podemos, Izquierda Unida, Partido Comunista de España (PCE), Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), Más País, Grupo Parlamentario Euskal Herria Bildu, Candidatura d’Unitat Popular (CUP), Junts per Catalunya, Bloque Nacionalista Galego, Anticapitalistas e o senador de Compromís Carles Mulet.