O Colexio de Xornalistas abre unha nova canle informativa en WhatsApp

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia vén de sumar unha canle informativa en WhatsApp ás súas vías de comunicación coas colexiadas e colexiados e con toda a profesión e a sociedade galega. Deste xeito, desde a aplicación de mensaxaría poderá seguirse tamén toda a actualidade relativa á actividade do órgano de representación das e dos xornalistas galegos. 

Todas as persoas interesadas en recibir a partir de agora a información do Colexio de Xornalistas a través da aplicación de Whatsapp poden sumarse á canle na ligazón https://whatsapp.com/channel/0029VaDf3Ky60eBnQAJYKn26. Coa apertura desta nova canle de comunicación, o Colexio quere ampliar as posibilidades de informar ao conxunto da cidadanía, de xeito que ninguén que o desexe quede sen acceso á actualidade do xornalismo galego.

Para recibir a información a través desta canle, é preciso ter instalado nun dispositivo móbil a aplicación de WhatsApp (que se pode descargar aquí para iOS e aquí para Android), coas actualizacións necesarias para poder acceder ás canles da aplicación. Unha vez instalada, só é preciso unirse á canle a través do enlace https://whatsapp.com/channel/0029VaDf3Ky60eBnQAJYKn26. Ademais desta nova canle, o Colexio de Xornalistas está presente en FacebookInstagramLinkedInTelegram, X / Twitter e Youtube

CPXG