II Foro da Cidadanía e da Comunicación
O grupo de investigación Cidacom organiza o segundo Foro da Cidadanía e da Comunicación, dedicado ao estudo do documental. Durante as dúas xornadas de debate analizarase a función deste xénero na construción de cidadáns/cidadás críticos/as, contrapoñéndoo ao resto de produtos e creacións audiovisuais.
Dentro do programa, que se celebra os días 26 e 27 de outubro na Facultade de Ciencias da Comunicación, cóntanse conferencias, mesas redondas, proxeccións cinematográficas de documentais, etc., e abrirá o Foro o presidente da Asociación Española de Historiadores/as do Cine (AEHC), Julio Pérez Perucha, cunha conferencia sobre Documental e Cidadanía.
Durante os dous días proxectaranse os filmes Cidadáns baixo sospeita, O efecto Iguazú, O ceo xira e Muxía. Política na Costa da Morte. Trala exhibición dos tres primeiros vanse celebrar coloquios cos seus directores, que son, respectivamente, Llorenç Soler, Pere Joan Ventura e Mercedes Álvarez.
O día 27 celebrarase unha mesa redonda sobre a representación dos valores cidadáns no documental, centrada no caso galego, e, por último, a profesora e directora de cinema Margarita Ledo dictará unha conferencia titulada Compromiso e representación cidadá no documental contemporáneo.
Estase a tramitar a posible concesión dun crédito de libre configuración curricular pola asistencia e aínda que a entrada é libre, é preciso inscribirse para obter un certificado de asistencia. O prazo de matrícula estará aberto entre o 9 e o 19 de outubro e para realizar a inscrición ou entrar en contacto coa organización do Foro hai que dirixirse ao enderezo de correo electrónico foro@cidacom.com ou ao Despacho CAI 3, no 1º andar da Facultade de Ciencias da Comunicación de Compostela (Avenida de Castelao, s/n).
Este Foro está organizado polo grupo de investigación Cidacom, en colaboración coa Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e a Asociación Española de Historiadores do Cine, co patrocinio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.