Human Rights Watch advirte que a "guerra contra o terrorismo" formula unha ameaza crecente á libre expresión
Máis de cinco anos despois dos ataques terroristas en Estados Unidos en setembro de 2001, as respostas mundiais ó terrorismo contribuíron a formar unha gama de ameazas á liberdade de expresión e o perigo é "real, catastrófico e estase a acelerar", advertiu Human Rights Watch (HRW) no seu Informe Mundial 2007.
Desde Iraq ata Rusia e Filipinas, os xornalistas están a ser tratados como partidarios e mesmo combatentes e agora están a ser atacados con máis frecuencia que en calquera momento da historia recente, argumenta a organización nun ensaio especial titulado 'A Shrinking Realm: Freedom of Expression since 9/11' ('Un reino en contracción: liberdade de expresión desde o 11 de setembro').
"O contraterrorismo impartiu novo vigor a algunhas formas vellas de censura e creou outras novas", escribe a autora do ensaio, Dinah PoKempner. Desde o 11 de setembro, un número cada vez maior de Gobernos aprobaron leis que penalizan a glorificación do terrorismo. En 2004, só tres países europeos tiñan leis dese tipo. A mediados de novembro de 2006, 36 países firmaran a Convención do Consello de Europa sobe o Terrorismo, que esixe que os estados penalicen a "provocación" do terrorismo, un crime podería incluír a incitación indirecta.
O Reino Unido e Dinamarca adoptaron recentemente leis dese tipo sobre a promoción ou glorificación de actos terroristas. En Turquía emendouse unha lei sobre terrorismo no 2006 de modo que o discurso caracterizado como "propaganda" do terrorismo fose punible. En Rusia, emendouse unha lei semellante para castigar o discurso que apoie o "extremismo", sinala PoKempner. Mentres tanto, o discurso do odio estase a volver cada vez máis a razón para impor sancións penais ou administrativas contra aqueles ós que se considere extremistas.
PoKempner argumenta tamén que hai "razóns para crer que tanto os conflitos armados contemporáneos como a chamada guerra contra o terror fixeron que ser xornalista sexa máis inseguro que nunca". En Rusia é case imposible que alguén informe sobre os estragos da guerra en Chechenia e o asasinato de Anna Politkovskaya, talvez a máis importante xornalista que cubría Chechenia, conmocionou a moitos. A guerra en Iraq causou máis mortes de xornalistas (137) que calquera outro conflito nos últimos anos.
No ámbito de Internet, os Gobernos están a avanzar rapidamente para controlar e filtrar a información en liña e as novas tecnoloxías están a impulsar un unha explosión da vixilancia estatal, que con frecuencia se xustifica no nome da loita contra o terrorismo, sinala PoKempner.
O Informe Mundial 2007 de HRW contén información sobre acontecementos de dereitos humanos durante 2006 en máis de 75 países. Identifica moitos desafíos ós dereitos humanos que esixen atención urxente, como Darfur, Iraq, Corea do Norte, Birmania e Turkmenistán.
MADRID
PERIODISTAS-ES / IFEX