Enfrontamento de UGT e CCOO en Antena 3

Levantouse unha borrasca sindical en Antena 3. Mentres os salarios dos traballadores levan dous anos conxelados, os dous sindicatos, UGT e CCOO, libran unha batalla sindical, na que o primeiro acusa ó segundo de "pasteleo" e de non estar informado dos acordos coa empresa.
UGT denuncia, ademais, que os directivos da cadea teñen contratos millonarios, con plus de fidelización á empresa.
UGT denuncia que "Antena 3, empresa que cotiza no IBEX 35 e reparte dividendos millonarios entre accionistas e directivos, leva dous anos e dous meses castigando ós seus traballadores coa perda de poder adquisitivo".

Millóns para os directivos

Os "contratos millonarios" para os directivos inclúen un contrato de fidelización á empresa, que garanten o cobro de determinadas cantidades á finalización do mesmo. As cifras finais estarán en función dos valores en bolsa das accións, pero se se aplicasen os actuais, o conselleiro delegado, Mauricio Carlotti, cobraría 12,5 millóns de euros.

Directores e xornalistas

O director xeral, Silvio González, cobraría 7,5 millóns de euros, Eduardo Olano, director comercial, 4 millóns e Ignacio Ayuso, secretario xeral, 1,5 millóns. A xornalista Gloria Lomana, directora de informativos, cobraría tamén 1,5 millóns de euros.

Tamén para Onda Cero

Eses beneficios inclúen tamén a directivos de Onda Cero, como ó seu presidente, Javier González Ferrari, ou Ramón Mateu, director Xeral de Onda Cero, que cobrarían cada un 2,5 millóns de euros.

O ERE "mal negociado"

UGT denuncia que o ERE (Expediente de Regulación de Emprego) que deixou na rúa a 215 traballadores produciuse "durante o mandato en ampla maioría de CCOO", e "cunha indemnización vergoñosa", que mesmo en CCOO "se pon como exemplo de como non se negocia un ERE"

O "pasteleo" de CCOO

Nunha nota informativa, UGT acusa a CCOO de "pasteleo" e quéixase de que este sindicato "alardea polos corredores da cadea da proximidade dun acordo de Convenio, sen que UGT teña ningunha noticia en relación". Por iso, UGT pide "a demisión do Comité de Empresa en pleno e a inmediata celebración de eleccións sindicais".

MADRID
EL PLURAL