EFE despide a unha veterana reporteira que plaxiou unha información de Wikipedia
A Axencia EFE despediu por primeira vez na súa historia a unha veterana xornalista que admitiu ter copiado parágrafos completos de Wikipedia, a enciclopedia libre de Internet, nunha das súas reportaxes. O plaxio foi descuberto polos lectores do diario colombiano 'El Tiempo'.
A xornalista, cuxa identidade non foi revelada por EFE, pertencía ata o pasado xoves 1 de febreiro ó equipo de reportaxes da axencia. No mes de decembro, realizou unha investigación sobre o 'dejà vu' -a sensación de vivir un feito xa experimentado- que recolleron nos seus medios varios abonados en América, segundo fontes da axencia.
Un deles foi o diario colombiano 'El Tiempo', que o publicou o 22 de decembro. Foron os propios lectores do periódico quen alertaron de que a reportaxe tiña parágrafos enteiros copiados de Wikipedia.
Segundo recolleu a rotativa, a reportaxe da xornalista incluía o seguinte texto: "En 'Matrix' a explicación de 'Dejà vu' é por un fallo perceptible na programación do sistema informático ó que está sometida a poboación, que sucede cando alguén realiza modificacións co nivel de superusuario".
'El Tiempo' reproduce a continuación a versión orixinal de Wikipedia: "Na película 'Matrix' o 'dejà vu' é un fallo perceptible na programación do sistema que sucede cando alguén realiza modificacións con nivel de superusuario".
Álex Grijelmo, presidente de EFE, e a directora da sección de reportaxes, iniciaron unha investigación interna e abriron un expediente á xornalista, que admitiu o plaxio, segundo fontes oficiais. A Axencia decidiu tras as "exhaustivas" pescudas realizadas aplicar a sanción máxima, o despedimento, utilizada por primeira vez por este motivo.
Grijelmo pediu desculpas ó diario colombiano e ordenou a retirada da reportaxe dos arquivos da axencia.
MADRID
EL MUNDO