Ampliado até o 31 de maio o prazo para presentarse ao III Premio Somos Esenciais

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia amplía até o mércores 31 de maio o prazo para optar aos 1.500 euros do III Premio 'Somos Esenciais', que convoca en colaboración con Gadis. O galardón recoñece traballos xornalísticos de temática social en Galicia emitidos ou publicados no 2022. Até as 14:00 horas dese día poden presentarse as candidaturas.

Baixo o lema A información ao servizo da xente, o premio está dotado con 1.500 euros e un diploma acreditativo, e poden presentarse a el todos os e as xornalistas e fotoxornalistas que publicaran ou emitiran traballos de temática social en Galicia ao longo do ano 2022. As candidaturas deben enviarse a través do correo electrónico xornalistas@xornalistas.gal, e deberán estar acompañadas da ficha de inscrición, ademais do traballo en pdf, formato de imaxe ou arquivo de vídeo ou audio, segundo corresponda. De ser o caso, acompañarase tamén dunha ligazón para localizar o traballo na rede. O prazo de presentación remata ás 14.00 horas do mércores 31 de maio.

Máis información aquí.

CPXG