A Coalición Pro Acceso pide recoñecer a transparencia como un dereito fundamental

Con motivo do Día Internacional do Dereito de Acceso Universal á Información, a Coalición Pro Acceso, na que se unen un cento de organizacións, reclamou ao Goberno de España unha serie de avances en materia de transparencia e acceso que inclúen recoñecer a transparencia como un dereito fundamental , promulgar unha lei orgánica de transparencia que cumpra os estándares internacionais e asinar e ratificar o Convenio do Consello de Europa sobre Acceso a Documentos Públicos.

A Coalición Pro Acceso, que une a un cento de organizacións, difundiu una declaración este martes 28 de setembro, con motivo do Día Internacional do Dereito de Acceso Universal á Información, na que reclama ao Goberno de España que recoñeza o acceso á información como un dereito fundamental e promova unha lei orgánica de transparencia, que abarque a todas as autoridades públicas e toda a información, agás aquela excluida por algún limite legal de maneira xustificada. A Coalición pide tamén que se asine e ratifique o Convenio do Consello de Europa sobre Acceso aos Documentos Públicos, que entrou en vigor o 1 de decembro do ano pasado.

A declaración lembra os dez principios rectores aprobados pola Coalición Pro Acceso, e que, aínda que España dispoña dunha Lei de Transparencia, esta non cumpre os requisitos da coalición, fallando especialmente no recoñecemento da transparencia como dereito fundamental. Tamén recorda os compromisos recollidos no IV Plano de Goberno Aberto para mellorar a transparencia, onde destacan a reforma da Lei de Transparencia e a sinatura e ratificación do Convenio do Consello de Europa sobre Acceso a Documentos Públicos.

Por todo iso, a Coalición Pro Acceso realiza unha serie de peticións entre as que se inclúen promulgar unha lei orgánica de transparencia que cumpra os estándares internacionais e que inclúa medidas para compatibilizar a protección dos datos persoais co acceso á información; eliminar o requisito de identificación que actualmente se esixe para o acceso a información, garantir o acceso aberto ao contido dos rexistros públicos, priorizando o Rexistro Mercantil; publicar toda a información sobre os fondos europeos, expecialmente os Next Generation EU, coa identificación dos beneficiarios; e publicar información relevante sobre as medidas e accións para previr o cambio climático.

CPXG