XIII Premios de Xornalismo sobre aviación, aeronáutica e do espazo en español

Do ao

Información de contacto:

premioperiodismo@aviaciondigital.com

Aviación Digital organiza a décimo terceira edición dos seus Premios de Xornalismo sobre aviación, aeronáutica e do espazo en español, co obxecto de fomentar unha información aeronáutica de calidade nos medios de comunicación, así como incentivar o interese por este campo entre os profesionais.

Poderán optar ao premio os artigos, traballos, entrevistas ou reportaxes publicadas ou emitidas por algún medio de comunicación de España ou do estranxeiro (en español) en diferentes formatos (prensa escrita, radio, televisión, medios dixitais, axencias, podcast e radio on-line) e elaborados por xornalistas durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2022 ao 31 de decembro de 2022. O primeiro premio, único e indivisíbel, está dotado con 6.000 euros.

Pódense presentar traballos a través do correo electrónico premioperiodismo@aviaciondigital.com ata o 22 de febreiro de 2023.

Máis información nas bases do premio.