Creadores de conciencia: 40 fotografos comprometidos

Do ao

Horario: Do 16 de febreiro ao 29 de maio de 2022 en horario das 10.00 ás 14.00 e das 16.00 ás 20.00 horas.

Lugar: Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia. Avenida do Burgo das Nacións, s/n. 15704 Santiago de Compostela.

Creadores de conciencia é un proxecto que nace por iniciativa de DKV co obxectivo de pór en valor o traballo das persoas que se dedican á fotorreportaxe e recoñecer con iso a transcendencia do seu oficio: engadir luz á escuridade e dar voz a quen non a ten. Poderá visitarse na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia (Avenida do Burgo das Nacións, s/n. Santiago) entre o 16 de febreiro e o 29 de maio de 2022. 

O traballo destes corenta profesionais da fotografía conforma un mapa de feitos que resultan ao cabo un retrato veraz dos dilemas aos que se enfronta a comunidade mundial no seu presente e no seu futuro. Un debuxo trazado sobre unhas imaxes que falan de compromiso, testemuño persoal e excelencia profesional.

Os fotoxornalistas representados na mostra son Samuel Aranda, Bernat Armangué, Walter Astrada, Sandra Balsells, Lurdes R. Basolí, Javier Bauluz, Clemente Bernard, Pep Bonet, Manu Brabo, Olmo Calvo, Sergi Cámara, José Cendón, José Colón, Javier Corso, Ricky Dávila, Juan Manuel Díaz Burgos, Ricardo García Vilanova, Antonio González Caro, Diego Ibarra Sánchez, Sebastián Liste, J.M López, Andoni Lubaki, Kim Manresa, Enric Folgosa Martí, Andrés Martínez Casares, Maysun, Fernando Moleres, Alfonso Moral, Emilio Morenatti, Daniel Ochoa de Olza, Ana Palacios, Santi Palacios, Judith Prat, Abel Ruiz de León, Rafael S. Fabrés, Gervasio Sánchez, Carlos Spottorno, Rafael Trobat, Guillem Valle e Mingo Venero.

A exposición pode visitarse de maneira gratuíta todos os días das 10.00 ás 14.00 e das 16.00 ás 20.00 horas (os días de concerto a sala de exposicións pecha ás 19.00 horas).  

Máis información aquí.