Xornalistas galegos xúntanse en Vigo para aborda-los seus dereitos laborais

Dossieres

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) organiza o sábado día 9 de xuño unha xornada de formación laboral para os traballadores do sector da comunicación. Baixo o título "Dereitos laborais básicos e estratexias de negociación" a xornada será inaugurada polo director xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo, Pastor Fuenteseca Díaz.

O principal relator será Fabián Nevado, Secretario de Acción Sindical do Sindicat de Periodistes de Catalunya (SPC), e experto en relación laborais e negociacións colectivas.

Os dereitos dos traballadores, as negociacións coas empresas e as eleccións sindicais son algúns dos puntos que se abordarán neste curso. O curso, gratuíto, está destinado tanto aos afiliados do SXG como a todos os traballadores do sector da comunicación que estean interesados.

A xornada terá lugar en Vigo, no Centro Social Caixanova a partir das 10:30 horas e ata as 14 horas. Pola tarde realizarase entre 16 e 18:30 horas.

SXG

Documentación