O experto en protección de xornalistas Gonzalo Jar declara que a morte de Couso ten visos de ser un crime de guerra
A Audiencia Nacional de España foi escenario dunha estrita análise da morte de José Couso desde a esfera do Dereito Internacional Humanitario (DIH). O máximo experto español en protección de xornalistas en conflitos armados, o xeneral da Garda Civil Gonzalo Jar declarou (...)
(...) como perito ante o xuíz Santiago Pedraz na causa que segue a Audiencia Nacional pola morte do camarógrafo español. Experto en dereito humanitario do Comité Internacional da Cruz Vermella, Jar asegurou a Pedraz que ve "indicios de crime de guerra no ataque ao hotel Palestina" que levaron a cabo tropas estadounidenses o 8 de marzo de 2003 e que se cobrou a vida de José Couso e do xornalista de Reuters Taras Prostyuck.
En declaracións a RSF, Jar manifestou que o ataque foi "indiscriminado, desproporcionado e realizado contra un lugar internacionalmente protexido" por ser sede da prensa internacional. Concretou ademais que a munición empregada contra o Palestina era unha granada de carga grosa cuxa única finalidade é a de matar.
"Cando hai proporcionalidade pódese falar de autodefensa", por exemplo "cando un carro de combate dispara a outro carro que se defende". Pero desde o hotel non se produciu ningún ataque contra as unidades militares norteamericanas, polo que "non hai defensa propia", sentenciou Jar.
E incumpre o DIH. No hipotético caso de que as tropas estadounidenses identificasen a presenza dun francotirador no hotel Palestina, como defenden os seus responsables, "primeiro hai que declarar o hotel como obxectivo militar, tal como obriga o dereito internacional", explica Jar. Segundo, "hai que evacuar o edificio e dar tempo suficiente a facelo", continúa. E, terceiro, "hai que comunicarllo ao inimigo".
Por iso, aprecia con cautela as revelacións da ex sarxento Adrianne Kinne, quen sinalou nunha entrevista con Democracy News a pasada semana que o Palestina foi designado "obxectivo militar" polo Exército do seu país e que tivo que atrasar por motivos laborais a súa comparecencia na Audiencia Nacional, prevista para o martes 10.
A pesar das dificultades que deberá sortear o proceso para chegar a termo -"coa fiscalía en contra"-, Jar destaca que a causa abre unha nova vía desde o punto de vista do Dereito Internacional Humanitario. "Poida que pola reticencia de Estados Unidos a colaborar non se chegue a sinalar un culpable", admite. Con todo, sentará un protocolo de actuación ante futuros casos de xornalistas en zonas de conflito e sobre a súa protección.
O xeneral destacou a dignidade con que a familia Couso levou o proceso, non permitindo que quedase no esquecemento xudicial, e a vontade do xuíz Santiago Pedraz por manter viva a causa.
Porque na guerra non vale todo. "Un xornalista asume riscos por cubrir conflitos armados, pero os asume dun xeito regulado", concreta o xeneral, "conforme ás Convencións de Viena", precisa.
Para o xeneral español, existen indicios suficientes para levar a cabo "unha investigación sobre o ocorrido", posto que os testemuños do comando central dos EEUU son contraditorios: "No hotel non se atopaban francotiradores nin se produciron disparos ou calquera tipo de ataque contra os carros de combate norteamericanos". O xeneral felicitouse da decisión do xuíz Santiago Pedraz de viaxar a Iraq para investigar o caso sobre o terreo.
PERIODISTAS-ES
MARTA MOLINA