O borrador de lei apunta as características que terá a nova RTVV

Concentración diante da sede da RTVV o día do peche (Foto: Ferbr1)

Xa se coñecen algúns datos de como será a nova Radiotelevisión Valenciana (RTVV). O borrador da lei apunta a unha televisión con tres canles, en valenciano, cun director escollido por concurso público e un consello cidadán que vele pola súa independencia. 

Nos últimos días comezáronse a coñecer algunhas características do borrador da lei da nova Ràdio Televisió Valenciana sobre a que traballan os grupos parlamentarios das Corts Valencianas. A televisión  pública da Comunidade Valenciana leva pechada desde novembro de 2013 e 1.600 traballadores foran despedidos naquela altura.

O proxecto recolle a creación de tres canles: unha de contido xeralista, unha segunda informativa e de asuntos sociais, e unha tercera (que só emitiría a través de plataformas dixitais) con programación infantil. A nova televisión tería a obriga de emitir un 35% de producións audiovisuales de produtoras valencianas na grella e todos os contidos estarían realizados ou dobrados en valenciano, aproveitando para isto as distintas canles de audio da TDT.

O director da nova RTVV, ademais, sería escollido por concurso público. Outra das novidades é que un consello cidadán formado por 21 miermbros de diferentes colectivos sociais e institucionais velará pola independencia da nova televisión pública. Os obxectivos de servizo públicao concretaranse nun mandato marco revisado cada nova anos, e este marco xeral estará precisado a través dun contrato programa, con vixencia de tres anos, que terá que estar apoiado polo Goberno valenciano e a Corporación.

Ademais, a Universidade Complutense ven de elaborar un informe no que recomenda que a Generalitat volva contratar os 1.600 trabajadores despedidos da Radiotelevisió Valenciana. O relatorio, elaborado pola profesora Beatriz Gutiérrez-Solar Calvo coa supervisión de María Emilia Casas, asegura que existan argumentos para que a Audiencia Nacional dicte como nulo o ERE de extinción. 

CPXG