O Colexio de Xornalistas convoca unha nova edición do Premio 'Somos Esenciais'
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia convoca, en colaboración con Gadis, a cuarta edición do premio 'Somos Esenciais', dotado con 1.500 euros. Baixo o lema A información ao servizo da xente, o galardón premia a xornalistas ou fotoxornalistas que publicaran información de temática social en Galicia no 2023. O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata as 14.00 horas do martes 30 de abril de 2024.