Comunidade

Novas exclusivas, grupos de debate e de traballo, e repositorios privados de ferramentas na comunidade online de membros.

Os membros do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia teñen acceso ao entorno privado da web, unha comunidade de traballo na que poden compartir diferentes tipos de información e organizarse para xestionar os seus proxectos.

Todos os colexiados e colexiadas teñen acceso a:

  • Novas e cursos de formación exclusivos e gratuítos para todos os membros.
  • Un listado propio de ferramentas, que poderás editar e xestionar ao teu gusto, para gardar non só as ligazóns que che propomos senón todas as que che resulten útiles no teu día a día.
  • O taboleiro de anuncios para membros, onde todas as persoas da comunidade poden enviar e recibir avisos de calquera temática e ofertas de emprego.
  • Grupos de traballo públicos e privados, nos que xestionar toda a documentación e a comunicación en torno a calquera proxecto.
  • Temas de debate para membros, abertos á participación e ás propostas de todos eles e vinculados con Twitter.