Como será TVE sen publicidade?

Dossieres

Desde este luns, TVE non poderá contratar máis publicidade, tal e como prevé a nova Lei de financiamento de RTVE. Aínda así, nos próximas meses aínda se poderán ver aqueles anuncios que sexan contratados con anterioridade.

A blogger Silvia Cobo, experta en televisión, faise eco dun estudo de Group no que se analizan as consecuencias que a supresión de publicidade terá para TVE. "Está claro que este cambio abre unha nova etapa na historia do mercado audiovisual e vai afectar tanto no comercial, como na migración das audiencias, na produción de novos contidos ou ata na planificación das propias campañas", afirma.

A nova lei, que a través de diferentes vías de financiacion dota a TVE dun orzamento duns 1.200 millóns de euros, 100 máis que en 2009, terá efectos, principalmente, na audiencia e o mercado publicitario. Segundo o estudo a variación do share "afectará, en sentido contrario, ao resto de cadeas". "Sen cortes publicitarios a probabilidade de que os espectadores fagan zapping, e xa que logo que a audiencia fuxa, é menor". Con todo, a Lei limita a TVE en canto á compra de eventos deportivos que "poden ocasionar que se perdan os espectadores que son afeccionados a eses deportes". As previsións de audiencia para decembro, no entanto, situan á a 1 como a cadea xeneralista máis vista cun 17,3% do share, seguida de Antena 3 e Telecinco.

O estudo tamén analiza os efectos que a Lei provocará na cobertura das campañas publicitarias e expón unha serie de alternativas para seguir chegando ao público habitual de TVE. "Cuatro é a única cadea que ten espazo dispoñible" para incluír máis publicidade "en todas as faixas", sinala. De momento, como medida provisional, TVE ten previsto alargar os telexornais para encher o baleiro publicitario.

RADIOCABLE

Documentación