XVI Curso de Especialización Comunicar para o Cambio

Agareso, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social, en colaboración coa Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo e co financiamento da Cooperación Galega e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, organiza o seu XVI Curso de Especialización en Comunicación para o Cambio Social “Comunicar para o Cambio”, que se desenvolverá entre o 10 de febreiro ao 31 de marzo, con aulas os martes e os xoves cada 15 días en horario das 16:30 ás 20:30. A formación pode seguirse online ou de maneira presencial no CSC O Ensanche de Santiago (Frei Rosende Salvado, 14-16, baixo) e o curso ten desconto para colexiados e colexiadas.

O Curso de Especialización en Comunicación para o Cambio Social “Comunicar para o Cambio” é unha proposta formativa cunha traxectoria de 15 anos de experiencia. Conta con 12 sesións teórico-prácticas impartidas por xornalistas e comunicadoras especializadas nos seguintes temas: o discurso do odio racista, por xénero e/ou orientación sexual, o tratamento das migracións e a divulgación e activismo ambiental. O curso remata cun módulo práctico ao que poden acceder algunhas das persoas que realicen un traballo durante o curso.

Esta proposta formativa responde á necesidade de construír unha formación no eido da comunicación para a transformación social que procure a xeración de novas narrativas contra o odio, a desinformación e pola defensa dos DDHH. Incluír estes enfoques nos currículos formativos non supón dar resposta a necesidades concretas dun grupo de persoas interesadas, senón que o seu coñecemento debe ser imprescindible á hora de traballar calquera tipo de información. 

Este é o programa desta edición:

  • 10 de febreiro
    • Presentación do curso, encontro co antigo alumnado e proxección do traballo da viaxe do ano anterior.
  • 12 de febreiro
    • A construción histórica do odio contra o pobo xitano. Pastora Filigrana, avogada laboralista, sindicalista, feminista e activista polos dereitos humanos.
  • 19 de febreiro
    • O sesgo racial da intelixencia artificial. Youssef Ouled, periodista e investigador especializado en racismo (AlgoRace).
    • Crítica á colonialidade na edición: reimaxinando as prácticas editoriais. YJohely Barrios, editora de La Sociocultural.
  • 24 de febreiro
    • Drag, cutura e diversidade racial. Gad Yola, artista drag e activista.
  • 26 de febreiro
    • A viralidade do mal. Quen rompeu Internet, a quen beneficia e como imos arranxalo. Proyecto UNA
    • Gravación con Prendidísima, Ángela Pam e Carlos Callón.
  • 3 de marzo
    • Gravación dun podcast con colectivos LGTBIQ+ galegos.
  • 10 de marzo
    • Mudando o marco narrativo das migracións. Patricia Macías, da Fundación porCausa.
  • 12 de marzo
    • Migracións no xornalismo narrativo: propostas, edición e publicación. Maribel Izcue, da Revista 5W
  • 17 de marzo
    • Palestino e queer. Murad Odeh, xornalista e activista LGTBIQ+.
    • Mesa sobre representación mediática do xenocidio palestino.
  • 24 de marzo
    • Xornalismo de investigación en entornos pechados. Carolina Amaya, xornalista ambiental salvadoreña fundadora de Mala-Yerba.
    • Como informar do espolio. Mesa con xornalistas e colectivos galegos en defensa da terra. 
  • 26 de marzo
    • Audiovisual en defensa da terra. Pablo Santiago, xornalista e técnico de Agareso.
    • Dúbidas dos traballos dos alumnos e preprodución da saída de prácticas.
  • 31 de marzo
    • Visionado colectivo dos traballos e peche do curso.

 

A matrícula ten un custe de 150€ no caso da modalidade presencial e 120€ a online, cun desconto dun 10% para colexiados e colexiadas do CPXG. As persoas interesadas poden matricularse a través deste formulario, indicando no formulario ou nun email a pablo@agareso.org a condición de colexiado ou colexiada. Para máis información, podes consultar a web de Agareso ou escribir a pablo@agareso.org.