Xestión avanzada de redes sociais para xornalistas: estratexias, plataformas e marca persoal

O Col·legi de Periodistes de Catalunya organiza o curso online "Xestión avanzada de redes sociais para xornalistas: estratexias, plataformas e marca persoal", que terá lugar os venres 16 e 30 de outubro de 2026 en horario das 10:30 ás 13:30 horas. O curso, dunha duración de 3 horas, ten prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG.

Hoxe en día, xa non abonda con escribir ben. Nun ecosistema de información saturado, a confianza tamén se constrúe arredor do teu nome. A túa marca persoal (o que te fai recoñecible, crible e relevante) converteuse nunha parte esencial da profesión. E as redes sociais son o espazo onde esta reputación toma forma e se proxecta. Nesta sesión aprenderás a definir a túa marca persoal cunha metodoloxía clara. Analizarás que plataformas teñen máis sentido segundo os teus obxectivos, baseándote en casos reais de xornalistas que puideron construír a súa propia voz. E acabarás deseñando unha estratexia editorial coherente e sostible que mellorará a túa visibilidade nos motores de busca e nas ferramentas de IA.

O curso estará impartido por Pilar Yépez Molina, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Faculdade de Ciencias da Información de Sevilla. Foi directora creativa en axencias españolas dedicadas ao márketing online ou ao marketing below the line. Desde o 2009, é directora creativa e socia fundadora de Úbica Below, axencia especialista en márketing e comunicación dixital. É profesora e relatora con máis de 15 anos de experiencia dando cursos especializados nesta materia en distintos centros e universidades.

En virtude dos acordos co Col·legi de Periodistes de Catalunya, este curso ofrécese aos colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia nas mesmas condicións que teñen os membros do Col·legi, cun prezo de 27,75 euros.

Para beneficiarse do prezo reducido é necesario introducir, á hora de facer a inscrición na web, o código de desconto que podes consultar nesta nota privada, só para colexiados e colexiadas, á que podes acceder coas túas claves e nome de usuario/a. Se non tes ou perdiches as túas claves, podes solicitalas en xornalistas@xornalistas.gal ou no 981 93 56 70. Para calquera outra dúbida, podes contactar con formacio@periodistes.cat.