TikTok e Instagram, novas linguaxes para informar
O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPPA) organiza os días 13 e 14 de abril, entre as 17:00 e as 19:00 horas, o obradoiro ‘TikTok e Instagram, novas linguaxes para informar’, impartido por Rafael Borrego. O obradoiro desenvolverase en formato 100% online. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, o taller ten un prezo reducido de 35 euros para colexiados e colexiadas do CPXG.
Este curso dá formación sobre a estratexia en redes como Tiktok e Instagram, diferenciando o contido que se crea e se publica en cada unha delas. Aprenderás a elixir o formato adecuado para transformar pezas xornalísticas en publicacións, ademais de contar noticias en formato vertical, usar tendencias, investigar e verificar información para xerar contido rigoroso e viral. Tamén se profundará en ferramentas de edición en Tiktok e reels, stories e carruseis en Instagram..
Rafael Borrego é graduado en xornalismo e comunicación audiovisual pola Universidad Rey Juan Carlos. Está especializado en creación audiovisual e divulgación en redes sociais, ademais de produción de contidos, formatos e podcast..
Para inscribirse, as persoas interesadas deben cubrir o formulario online. Máis información na web do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía ou no correo electrónico administracion@periodistasandalucia.es.
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.