Redes sociais e novas plataformas 2026
O Col·legi de Periodistes de Catalunya organiza o curso online Redes sociais e novas plataformas 2026, que constará de dúas sesións en directo o mércores 11 e o luns 16 de marzo de 2026, das 15:00 ás 18:00. O curso, dunha duración de 6 horas, ten prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG.
Este curso tratará a evolución da paisaxe das redes sociais desde as plataformas clásicas ata os novos ecosistemas, as novas redes descentralizadas como Mastodon ou Bluesky, o funcionamento dos algoritmos avanzados e a recomendación de contidos, a maneira en que os modelos de intelixencia artificial seleccionan e recomendan información corporativa, os usos do substack como canle de comunicación, o papel do creador de contidos e as colaboracións estratéxicas e as boas prácticas en colaboración dixital, ademais de fornecer ferramentas para monitorizar, avaliar e adaptar a estratexia de comunicación corporativa a novas redes e formatos dixitais..
En virtude dos acordos co Col·legi de Periodistes de Catalunya, este curso ofrécese aos colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia nas mesmas condicións que teñen os membros do Col·legi, cun prezo de 55,50 euros.
Para beneficiarse do prezo reducido é necesario introducir, á hora de facer a inscrición na web, o código de desconto que podes consultar nesta nota privada, só para colexiados e colexiadas, á que podes acceder coas túas claves e nome de usuario/a. Se non tes ou perdiches as túas claves, podes solicitalas en xornalistas@xornalistas.gal ou no 981 93 56 70. Para calquera outra dúbida, podes contactar con formacio@periodistes.cat.
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.