Publicidade dixital para xornalistas: como chegar a máis xente con Google, Meta e LinkedIn Ads
O Col·legi de Periodistes de Catalunya organiza o curso online "Publicidade dixital para xornalistas: como chegar a máis xente con Google, Meta e LinkedIn Ads", que se desenvolverá en horario das 10:00 ás 13:00 horas o mércores 7 de outubro de 2026. O curso, dunha duración de 3 horas, ten prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG.
Saber crear bo contido non abonda se non se chega ás persoas axeitadas. A publicidade dixital é unha ferramenta que os xornalistas e comunicadores a miúdo descoñecen pero que pode marcar a diferenza á hora de aumentar o público, difundir un proxecto ou promover contidos específicos. Nesta sesión aprenderás os conceptos fundamentais de Google Ads, Meta Ads e LinkedIn Ads: como funcionan as poxas de publicidade, como definir un público obxectivo, como crear unha campaña sinxela cun orzamento limitado e como interpretar os resultados. Un coñecemento cada vez máis necesario para calquera xornalista que traballe en entornos dixitais ou xestione os seus propios proxectos.
O curso estará impartido por Pilar Yépez Molina, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Faculdade de Ciencias da Información de Sevilla. Foi directora creativa en axencias españolas dedicadas ao márketing online ou ao marketing below the line. Desde o 2009, é directora creativa e socia fundadora de Úbica Below, axencia especialista en márketing e comunicación dixital. É profesora e relatora con máis de 15 anos de experiencia dando cursos especializados nesta materia en distintos centros e universidades.
En virtude dos acordos co Col·legi de Periodistes de Catalunya, este curso ofrécese aos colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia nas mesmas condicións que teñen os membros do Col·legi, cun prezo de 27,75 euros.
Para beneficiarse do prezo reducido é necesario introducir, á hora de facer a inscrición na web, o código de desconto que podes consultar nesta nota privada, só para colexiados e colexiadas, á que podes acceder coas túas claves e nome de usuario/a. Se non tes ou perdiches as túas claves, podes solicitalas en xornalistas@xornalistas.gal ou no 981 93 56 70. Para calquera outra dúbida, podes contactar con formacio@periodistes.cat.
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.