Perspectiva de xénero, igualdade e coberturas sobre violencia machista
O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPPA) organiza o día 3 de novembro, entre as 16:00 e as 19:00 horas, o curso ‘Perspectiva de xénero, igualdade e coberturas sobre violencia machista’, impartido por Lucía Quiroga. O obradoiro desenvolverase en formato 100% online. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, o taller ten un prezo reducido de 35 euros para colexiados e colexiadas do CPXG.
A aplicación da perspectiva de xénero interseccional ao xornalismo e á comunicación é fundamental, pois só así podemos incluír no relato ás mulleres. Debemos facelo non só desde un punto de vista cuantitativo (cantas mulleres aparecen), senón tamén cualitativo (como se nos representa e se se reproducen estereotipos ou non). No mes de novembro, dedicado á loita contra a violencia machista, abordaremos nun apartado específico a cobertura de noticias sobre violencias machistas.
Lucía Quiroga é xornalista especializada en igualdade de xénero e infancia, con 20 anos de experiencia en comunicación e xornalismo inclusivos. Actualmente colabora en eldiario.es. Tamén é autora do libro Guía de periodismo inclusivo. Perspectiva de género interseccional en los mensajes mediáticos (Instituto de las Mujeres, 2026).
A inscrición ao curso estará aberta do 16 ao 26 de outubro a través da web do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía. Máis información no correo electrónico administracion@periodistasandalucia.es.
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.