Os plans de comunicación: Da estratexia á acción

O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPPA) organiza o día 19 de maio, entre as 16:00 e as 19:00 horas, o obradoiro ‘Os plans de comunicación: Da estratexia á acción’, impartido por Jesús Espino e Miguel López-Quesada. O obradoiro desenvolverase en formato 100% online. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, o taller ten un prezo reducido de 40 euros para colexiados e colexiadas do CPXG.

Este curso pretende abordar dunha maneira sinxela e práctica a importancia dos plans de comunicación tanto nas empresas privadas como nas administracións públicas.

Jesús Espino é xornalista con 29 anos de traxectoria (20 á fronte de equipos, 17 en comunicación política, 12 en medios de comunicación) e 16 cursos como profesor. Desde 2024, coordinador xeral de Comunicación do Concello de Málaga e profesor do mestrado en Comunicación Política e Xestión de Crise e Emerxencias da Universidad Nebrija. Pola súa banda Miguel López-Quesada Gil é experto en comunicación estratéxica e asuntos corporativos, con máis de 30 anos de traxectoria internacional, ademais de icenciado en Ciencias da Información pola Universidad de Navarra e PADE por IESE. É socio fundador de MLQ Group.

Para inscribirse, as persoas interesadas deben cubrir o formulario online. Máis información na web do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía ou no correo electrónico administracion@periodistasandalucia.es.