ORM: Xestión da reputación nos tempos da IA

O Col·legi de Periodistes de Catalunya organiza o curso online "ORM: Xestión da reputación nos tempos da IA", que se desenvolverá os días 27 de novembro e 1 e 3 de decembro en horario das 10:30 ás 13:30 horas. O curso, dunha duración de 9 horas, ten prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG.

Nun entorno dixital cada vez máis competitivo e dinámico, a identidade dixital e a reputación son activos estratéxicos esenciais para marcas e profesionais. Este programa ofrece unha visión completa das últimas tendencias, ferramentas e metodoloxías para construír, monitorizar e xestionar a reputación dixital de forma eficaz. A través de cinco módulos prácticos, os participantes aprenderán a desenvolver estratexias innovadoras adaptadas ao contexto.

O curso estará impartido por Pilar Yépez Molina, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Faculdade de Ciencias da Información de Sevilla. Foi directora creativa en axencias españolas dedicadas ao márketing online ou ao marketing below the line. Desde o 2009, é directora creativa e socia fundadora de Úbica Below, axencia especialista en márketing e comunicación dixital. É profesora e relatora con máis de 15 anos de experiencia dando cursos especializados nesta materia en distintos centros e universidades.

En virtude dos acordos co Col·legi de Periodistes de Catalunya, este curso ofrécese aos colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia nas mesmas condicións que teñen os membros do Col·legi, cun prezo de 83,25 euros.

Para beneficiarse do prezo reducido é necesario introducir, á hora de facer a inscrición na web, o código de desconto que podes consultar nesta nota privada, só para colexiados e colexiadas, á que podes acceder coas túas claves e nome de usuario/a. Se non tes ou perdiches as túas claves, podes solicitalas en xornalistas@xornalistas.gal ou no 981 93 56 70. Para calquera outra dúbida, podes contactar con formacio@periodistes.cat.