Obradoiro de Social Media Strategy
O Col·legi de Periodistes de Catalunya organiza o obradoiro "Social Media Strategy", que se desenvolverá o martes 29 de setembro e o xoves 1 de outubro en horario das 10:30 ás 13:30 horas. As sesións serán en directo pero poderán ser gravadas, con petición previa, para aquelas persoas que non poidan asistir á sesión programada. O curso, dunha duración de seis horas, ten prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG.
Os obxectivos deste curso son aprender a estabelecer obxectivos para redes sociais e asegurar que cada esforzo estea aliñado coas metas xerais da organización: crear un plan de contidos detallados que teña eco no seu público obxectivo, incorpore tendencias relevantes e utilice formatos e tipos de contido axeitados para cada plataforma, garantindo a coherencia e efectividade na comunicación; e realizr unha análise profunda do público obxectivo, usando datos demográficos, psicográficos e comportamentais para segmentar adecuadamente o mercado e personalizar as estratexias de contido e comunicación para cada segmento identificado.
O curso estará impartido por Pilar Yépez Molina, publicista e directora creativa en axencias dedicadas ao márketing on-line e BTL. Consultora de márketing dixital e Social Media Strategist para empresas de diferentes sectores, ten máis de 25 anos de experiencia formando en márketing a diferentes institucións como IM Digital Business School, UPF BSM, EAE ou INESDI.
En virtude dos acordos co Col·legi de Periodistes de Catalunya, este curso ofrécese aos colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia nas mesmas condicións que teñen os membros do Col·legi, cun prezo de 55,50 euros.
Para beneficiarse do prezo reducido é necesario introducir, á hora de facer a inscrición na web, o código de desconto que podes consultar nesta nota privada, só para colexiados e colexiadas, á que podes acceder coas túas claves e nome de usuario/a. Se non tes ou perdiches as túas claves, podes solicitalas en xornalistas@xornalistas.gal ou no 981 93 56 70. Para calquera outra dúbida, podes contactar con formacio@periodistes.cat.
Nota legal:
A persoa que envía o correo electrónico cos datos requiridos anteriormente declara que voluntariamente comunica ao COL·LEGI DE PERIODISTES DE CATALUNYA (en diante CPC) para incorporalos na base de datos da Entidade, xa sexa en soporte papel, informático ou outros, o cal obriga ao CPC a gardar segredo profesional con respecto aos datos que lle foron cedidos, coa finalidade de dar resposta á solicitude de inscrición que a persoa remitiu, e a enviarlle información sobre o desenvolvemento do curso ao cal se inscribiu e de cursos de formación futuros.Así mesmo, autorízalle a tratar e almacenar estes datos segundo as medidas de seguridade establecidas no Regulamento Europeo 679/2016, de 27 de abril, de Protección de Datos.
O usuario ha de saber que encher o formulario e enviar os datos solicitados implica que a información reflectida neste aviso foi lida e aceptada expresamente e que en consecuencia, outorga o seu consentimento inequívoco e explícito ao tratamento dos seus datos persoais conforme á finalidade explicada. De conformidade cos artigos 15-22 do mencionado Regulamento Europeo de Protección de Datos, o CPC informa que a persoa que asina pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidad, esquecemento e limitación ao tratamento dos seus datos en calquera sede do CPC. Para máis información, pode consultar a Política de Privacidade do CPC en: www.periodistes.cat/politica-de-privadesa
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.