O uso da linguaxe como ferramenta de tolerancia
O proxecto europeo ReTo (do que forman parte CIFAL Málaga, o Comité Olímpico Español, a Asociación La Guajira, o Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía, a Fundación CIEDES e o Movimiento contra la Intolerancia) organiza o curso online gratuíto O uso da linguaxe como ferramenta de tolerancia, impartido por Susana Guerrero Salazar, que terá lugar o 12 de febreiro de 2026 das 18:00 ás 21:00 horas. Este curso está integrado dentro do programa formativo Xornalismo ético fronte ao odio, dirixido a xornalistas, estudiantes de xornalismo, comunicadores, estudantes de publicidade, publicistas, traballadores e educadores sociais, letrados e outras persoas interesadas na materia.
Os obxectivos da formación son analizar a linguaxe utilizada no amplo catálogo dos discursos de odio, a prender a identificar narrativas que reproducen estigmas ou discriminacións e incorporar o enfoque de xénero e inclusivo na cobertura de noticias.Para isto forneceranse recursos e ferramentas lingüísticas para desenvolver unha linguaxe xornalística non discriminatoria e que fomente a tolerancia.
Susana Guerrero Salazar é catedrática de Longua Española da Universidad de Málaga e especialista no uso da linguaxe nos medios de comunicación.
Máis información e inscrición aquí.
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.