O papel do xornalismo na loita contra o estigma en saúde mental

O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPPA) organiza o día 24 de novembro, entre as 17:00 e as 19:30 horas, o curso ‘O papel do xornalismo na loita contra o estigma en saúde mental’, impartido por Juan Manuel Jiménez Figueroa. O obradoiro desenvolverase en formato 100% online. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, o taller ten un prezo reducido de 10 euros para colexiados e colexiadas do CPXG.

Esta formación busca dotar aos e as profesionais da comunicación de ferramentas para informar sobre saúde mental desde un enfoque baseado en dereitos, libre de estigmas e aliñado coas recomendacións de boas prácticas, recoñecendo o impacto que teñen os medios de comunicación na construción da percepción social sobre a saúde mental.

Juan Manuel Jiménez Figueroa é graduado en Xornalismo pola Universidade de Sevilla. Con formación relacionada co ámbito das entidades do terceiro sector e igualdade e prevención da violencia de xénero, desenvolveu ata a actualidade a súa carreira profesional en Asaenes Saúde Mental Sevilla, entidade social sen ánimo de lucro de persoas con problemas de saúde mental e as súas familias. Nesta entidade é técnico de Comunicación e Sensibilización, desenvolvendo todas as accións relacionadas coa comunicación corporativa da asociación. Ademais é a persoa encargada da organización dos actos e eventos cos que Asaenes visibiliza a saúde mental e sensibiliza á sociedade, talles como diversas campañas en formato dixital ou o pioneiro Festival de Curtos e Saúde Mental.

A inscrición ao curso estará aberta do 16 ao 26 de outubro a través da web do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía. Máis información no correo electrónico administracion@periodistasandalucia.es.