Gemini NotebookLM aplicado ao xornalismo

O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPPA) organiza o día 12 de novembro, entre as 16:30 e as 19:30 horas, o curso ‘Gemini NotebookLM aplicado ao xornalismo’, impartido por Carmela Ríos. O obradoiro desenvolverase en formato 100% online. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, o taller ten un prezo reducido de 35 euros para colexiados e colexiadas do CPXG.

Este curso consistirá nunha sesión práctica de tres horas dedicada a explorar as posibilidades de NotebookLM como ferramenta de intelixencia artificial aplicada ao xornalismo. O curso abordará a orixe e os fundamentos da plataforma, as súas diferenzas respecto a outros modelos de IA xenerativa e a súa principal característica: a capacidade de traballar a partir de fontes documentais seleccionadas polo propio xornalista. A sesión percorrerá o proceso completo, desde a obtención e a análise da información ata a súa transformación en distintos formatos, como guións, presentacións, podcast e outros materiais audiovisuais. Tamén se analizarán as súas limitacións e as boas prácticas necesarias para incorporar esta ferramenta ao traballo xornalístico con rigor, criterio editorial e capacidade de verificación.

Carmela Ríos é xornalista, profesora e experta en redes sociais, xornalismo móbil e desinformación. Ademais de consultora de medios, ten unha dilatada experiencia como xornalista nos servizos informativos de TVE, Antena 3, CNN+ e Cuatro. Foi correspondente en Francia durante 10 anos e xornalista política e xudicial.

A inscrición ao curso estará aberta do 16 ao 26 de outubro a través da web do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía. Máis información no correo electrónico administracion@periodistasandalucia.es.