Educación mediática para xornalistas. Cómo exercer como educador mediático
O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPPA) organiza os días 14, 15 e 16 de decembro, entre as 16:00 e as 19:00 horas, o curso ‘Educación mediática para xornalistas. Cómo exercer como educador mediático’, impartido por Francisco Martín Martín. O obradoiro desenvolverase en formato 100% online. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, o taller ten un prezo reducido de 70 euros para colexiados e colexiadas do CPXG.
Este curso ten como finalidade capacitar a xornalistas para exercer profesionalmente como educadores mediáticos mediante a adquisición de competencias básicas para deseñar, adaptar e impartir accións de alfabetización mediática dirixidas a diferentes públicos e contextos sociais.
Francisco Martín Martín é doutor en Ciencias da Información e profesor no departamento de Xornalismo da Universidade de Málaga, impartindo docencia en alfabetización mediática, investigación Básica e Aplicada á Comunicación, Minorías e Medios no século XXI e Xornalismo audiovisual. Experto en educomunicación, actualmente coordina proxectos radiofónicos para desenvolver capacidades comunicativas en persoas maiores e adolescentes con altas capacidades intelectuais.
A inscrición ao curso estará aberta do 30 de novembro ao 10 de decembro a través da web do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía. Máis información no correo electrónico administracion@periodistasandalucia.es.
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.