Edición de videos con Capcut
O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPPA) organiza os días 13 e 15 de outubro, entre as 16:00 e as 19:00 horas, curso ‘Edición de videos con Capcut’, impartido por Juan Manuel Barrios. O obradoiro desenvolverase en formato 100% online. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, o taller ten un prezo reducido de 40 euros para colexiados e colexiadas do CPXG.
Editar un vídeo é tan sinxelo como ter un teléfono móbil e unha aplicación. Este curso axudarache a transformar as túas ideas en contido para redes sociais, dominar a linguaxe visual e deixar de parecer afeccionado..
Juan Manuel Barrios Salado é politólogo e consultor político especializado en comunicación política. Tamén é cofundador de "El Patio Político", onde comparte coñecementos sobre comunicación política. A súa experiencia diaria coas redes sociais levouno a desenvolver amplas habilidades de edición de vídeo, especialmente coa plataforma Capcut..
A inscrición ao curso estará aberta do 21 ao 30 de setembro a través da web do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía. Máis información no correo electrónico administracion@periodistasandalucia.es.
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.