Curso de inglés nivel B2 para xornalistas

A Escola Oficial de Idiomas de Santiago organiza un curso monográfico de actualización das destrezas de comprensión, produción e coprodución e mediación de textos orais orientado a xornalistas cun nivel B2 de inglés. O curso ten unha duración de 60 horas e desenvolverase ao longo do primeiro cuadrimestre cunha modalidade semipresencial, coas aulas presenciais os luns entre as 16:30 e as 18:30 horas.

O curso está dirixido a xornalistas profesionais e profesorado de xornalismo que desexen desenvolver assúas competencias de comprensión e expresión oral con especial fincapé na compresión oral de textos xornalísticos, a expresión oral para a locución de textos xornalísticos e a realización de entrevistas, a redacción de noticias e entrevistas e a perfección da pronuncia e entoación. 

As taxas do curso son de 90 euros, cunha taxa por apertura de expediente de 22 euros (para quen se matricule por primeira vez nunha escola oficial de idiomas galega) e por servizos xerais de 13 euros (só para quen non estiver matriculado noutro curso no ano lectivo 2023/2024).

O curso conta coa colaboración da Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, a Asociación de Periodistas de Santiago e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), e vai ser presentado no Centro Internacional de Prensa de Galicia o mércores 19 de xullo.

A matrícula no curso pode realizarse a partir do 11 de xullo a través da web da Escola Oficial de Idiomas. Máis información aquí