Como controlar unha crise empresarial? Exemplos do que non debes facer
O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPPA) organiza o día 26 de maio, entre as 16:00 e as 19:00 horas, o obradoiro ‘Como controlar unha crise empresarial? Exemplos do que non debes facer’, impartido por Jesús Espino e Miguel López-Quesada. O obradoiro desenvolverase en formato 100% online. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, o taller ten un prezo reducido de 40 euros para colexiados e colexiadas do CPXG.
As crises empresariais e institucionais son unha constante na actualidade. As redes sociais poden ser canles de propagación descontrolada. Por iso é fundamental abordar as crises con responsabilidade e profesionalidade. Neste obradorio abordaremos como afrontar estas crises tanto no ámbito privado como institucional.
Jesús Espino é xornalista con 29 anos de traxectoria (20 á fronte de equipos, 17 en comunicación política, 12 en medios de comunicación) e 16 cursos como profesor. Desde 2024, coordinador xeral de Comunicación do Concello de Málaga e profesor do mestrado en Comunicación Política e Xestión de Crise e Emerxencias da Universidad Nebrija. Pola súa banda Miguel López-Quesada Gil é experto en comunicación estratéxica e asuntos corporativos, con máis de 30 anos de traxectoria internacional, ademais de icenciado en Ciencias da Información pola Universidad de Navarra e PADE por IESE. É socio fundador de MLQ Group.
Para inscribirse, as persoas interesadas deben cubrir o formulario online. Máis información na web do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía ou no correo electrónico administracion@periodistasandalucia.es.
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.