Canva IA: Actualización 2026 para xornalistas
O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPPA) organiza o día 20 de outubro, entre as 17:00 e as 19:00 horas, curso ‘Canva IA: Actualización 2026 para xornalistas’, impartido por Nuria Vallejo. O obradoiro desenvolverase en formato 100% online. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, o taller ten un prezo reducido de 20 euros para colexiados e colexiadas do CPXG.
As aplicacións están en constante evolución para adaptarse ás necesidades dos usuarios. Canva está a mellorar o seu servizo integrando a IA para axudarche a crear mellores deseños. Neste curso práctico contarémosche todo sobre as novas funcionalidades deste ano.
Nuria Vallejo é licenciada en Pedagoxía e ten un máster en tecnoloxías educativas. É formadora especializada en tecnoloxía e IA. Ten máis de 20 anos de experiencia en aprendizaxe virtual, EdTech e innovación pública dentro da Administración andaluza.
A inscrición ao curso estará aberta do 21 ao 30 de setembro a través da web do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía. Máis información no correo electrónico administracion@periodistasandalucia.es.
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.